Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 15, 2015

Triloxía Ámote Leo A., de Rosa Aneiros

Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro fai oídos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin día máis nin día menos. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fascinantes no que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados: Ámote Leo A. Quen estará detrás da misteriosa mensaxe? Será algún dos membros da extravagante tropa de Ruth

Dragal, de Elena Gallego

Dragóns. Poucos personaxes lendarios mantéñense vivos na memoria colectiva como estes seres, que rozan a divinidad. En todo o mundo, en todas as épocas, existen lendas sobre esta figura, destacada nos textos sagrados e na iconografía universal. Os dragóns están presentes nos templos cristiáns e budistas, en textos hebreos e musulmáns... E, por suposto, tamén na rexión do noroeste da península ibérica que coñecemos como Galicia. Que ocorrería si o dragón de pedra situado na fachada dunha vella igrexa románica cobrase vida? E si ese dragón, que garda o segredo dunha profecía milenaria que está a piques de cumprirse, encarnásese no noso protagonista? Con inspiración no mito da "translatio" do apóstolo Santiago que recollen as páxinas do famoso Códice Calixtino, sobre as que tamén se construíu o mito xacobeo, Dragal descóbrenos que as vellas lendas da raíña Lupa e as máxicas augas da Poza da Moura están relacionadas coa peregrinación a Compostela do alquimista Níc

Novidades para nen@s de 9 a 11 anos

Novidades para nen@s de 6 a 8 anos

Novidades para nen@s de 0 a 5 anos

Mostra bibliográfica sobre Rosalía de Castro

Dende hoxe podedes visitar a mostra bibliográfica sobre Rosalía de Castro que realizamos para conmemorar que o día 24 é o aniversario do seu nacemento.