Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: October 26, 2008

¡Gañamos o premio María Moliner de Animación á Lectura 2008!

Ainda que non pareza certo, así é. Unha biblioteca perdida na xeografía galega, situada nun entorno rural e que atende a un núcleo de poboación moi diseminado.

Dúas bibliotecarias ao frente da sección infantil, da hemeroteca, da sala multimedia e un longo etc..., e desenvolvendo un programa de animación á lectura que se leva a cabo durante todo o ano.

Como ingredientes: xornadas maratonianas, moita imaxinación, reciclaxe de materiais inimaxinables, unha morea de estrés, unha chisca de paciencia, un montón de rapaces... pero ¡por fin! mereceu a pena. O noso traballo foi premiado polo Ministerio de Cultura como "Mejor Proyecto de Animación a la Lectura" na XI edición da Campaña María Moliner.

E como consideramos que o ingrediente fundamental son eses rapaces, queremos agradecerlles a súa participación, xa que sin ela o noso esforzo non tería sentido.

Queremos agradecer todas as felicitacións recibidas por parte dos nosos usuarios, dos compañeiros e compañeiras das bibliotecas mun…