Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 16, 2014

Algunhas suxerencias dos nosos usuarios

O Porto, de Mata

A acción sitúase nunha pequena aldea do litoral galego ( Espasante ), cara a mediados dos anos 40; un deses pobos tranquilos dos que a xente que neles vive apenas sae máis dunha ou dúas veces na súa vida, como non sexa a Santiago con motivo da viaxe de noivos, ou para arranxar uns documentos de propiedade ante o notario. Aquí os días transcorren parellos e as estacións sucédense sen que nada turbe o pacífico discorrer da vida neste lugar apartado do mundo, fronte ao océano; ese océano que o tolo do pobo, pasmado , non cesa de contemplar coma se quixese captar o seu misterio insondable; e que prové coas súas pedras pulidas polas mareas ao feliz Pedreiro que fará partícipe dos seus descubrimentos ao porco Antón , o seu amigo, durante os paseos que dean ambos os dous a beira do mar. O único elemento que enturba apenas a paz da aldea é a eterna pugna entre os dous amigos contrabandistas e o sarxento da Garda Civil que trata con todas as súas forzas de atrapalos en ple

Se prohíbe mantener afectos desmedidos en la puerta de la pensión, de Mamen Sánchez

Neste novo libro, a autora supérase a si mesma e dende a primeira páxina o humor, a empatía cara aos personaxes, as sorpresas e a variedade de rexistros alíanse para conseguir unha lectura absorbente e absolutamente satisfactoria. De novo, trátase dunha novela coral, pero protagonizada por unha muller que non ten máis remedio que:´ a) Reconstruírse case dende cero despois dun divorcio demoledor. b) Reformar a casa dos seus avós, un chaleciño en bastante mal estado na ribeira do Pomares. c) Buscar hóspedes, non porque necesite o diñeiro, que tamén, senón, sobre todo, porque é o mellor xeito que se lle ocorre para evitar ter que vivir só. Pero como a pesar de todo é unha muller sensata, decide impoñerse e impoñer unhas regras que, partindo da amarga experiencia, faciliten a convivencia. Por exemplo: . PROHÍBESE AFLIXIRSE POR CAUSAS ALLEAS AO SENTIDO COMÚN. . PROHÍBESE MOSTRAR COMPAIXÓN CARA A QUEN NON A DESEXA. O que ela e os seus hóspedes sexan capaces ou te ganas de cumprilas xa

Las gafas de la felicidad, de Rafael Santandreu

Rafael Santandreu volve con máis solucións para superar os complexos e os problemas que dificultan e amargan a vida de tantas persoas. Rafael Santandreu é un dos psicólogos máis prestixiosos de España. Está especializado en axudar ás persoas a desenvolver a súa fortaleza emocional. A través do seu método miles de persoas conseguiron perder os seus medos de forma permanente. Agora tócache a ti descubrir as lentes que te ensinarán a graduar o teu corazón e a túa mente. Ponche os lentes da felicidade!

After, de Anna Todd

O maior fenómeno editorial da historia na rede, con máis de mil millóns de lecturas online . Unha serie 'fan- fiction ' escrita por unha moza de 25 anos e que grazas á plataforma Wattpad arrasa en todo o mundo. AFTER converteuse no maior fenómeno editorial da historia a través da plataforma Wattpad , unha rede de lectura social na que escritores anónimos colgan as súas historias por capítulos e onde os lectores interactúan achegando ideas, suxerindo novas tramas e compartindo opinións co resto de usuarios. O que naceu como un hobby e unha forma de distraerse para a súa autora, Anna Todd , rapidamente foi crecendo ata chegar a miles e miles de lectores de todo o mundo que esperaban ansiosos a publicación dun novo capítulo. Os mesmos usuarios de Wattpad crearon unha comunidade de fans en máis de 15 idiomas. Tras este éxito irresistible, Simon and Schuster , unha das principais editoriais de EUA, adquiriu os dereitos por un contrato millonario e estase a levar

Trilogía El corredor del laberinto, de James Dashner

« Bienvenido al Claro . Verás que una vez a la semana, siempre el mismo día y a la misma hora, nos llegan víveres. Una vez al mes, siempre el mismo día y a la misma hora, aparece un nuevo chico, como tú. Siempre un chico . Como ves, este lugar está cercado por muros de piedra… Has de saber que estos muros se abren por la mañana y se cierran por la noche, siempre a la hora exacta. Al otro lado se encuentra el laberinto. De noche, las puertas se cierran… y, si quieres sobrevivir , no debes estar allí para entonces». Todo sigue un orden… y, sin embargo, al día siguiente suena una alarma. Significa que ha llegado alguien más. Para asombro de todos, es una chica. Su llegada vendrá acompañada de un mensaje que cambiará las reglas del juego. «Una apasionante historia de aventuras que satisfará a fans de la fantasía y la ciencia ficción por igual». Publishers Weekly . «Dentro del abarrotado campo de las novelas juveniles postapocalípticas, El corredor del laberinto