Saltar ao contido principal

O Porto, de Mata

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=114434
A acción sitúase nunha pequena aldea do litoral galego (Espasante), cara a mediados dos anos 40; un deses pobos tranquilos dos que a xente que neles vive apenas sae máis dunha ou dúas veces na súa vida, como non sexa a Santiago con motivo da viaxe de noivos, ou para arranxar uns documentos de propiedade ante o notario.

Aquí os días transcorren parellos e as estacións sucédense sen que nada turbe o pacífico discorrer da vida neste lugar apartado do mundo, fronte ao océano; ese océano que o tolo do pobo, pasmado, non cesa de contemplar coma se quixese captar o seu misterio insondable; e que prové coas súas pedras pulidas polas mareas ao feliz Pedreiro que fará partícipe dos seus descubrimentos ao porco Antón, o seu amigo, durante os paseos que dean ambos os dous a beira do mar.

O único elemento que enturba apenas a paz da aldea é a eterna pugna entre os dous amigos contrabandistas e o sarxento da Garda Civil que trata con todas as súas forzas de atrapalos en pleno delito. Pero esas escaramuzas e andanzas son precisamente o sal e a faísca das faladurías no bar, que é o lugar onde se conta, escóitase e se decide todo, o centro social do pobo, en definitiva.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.