Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro 27, 2009

No 2009 quedamos de novo finalistas nos premios María Moliner

Despois de recibir en Astorga o premio como Mellor Proxecto de Animación á Lectura 2008 dentro da XI Campaña de animación á lectura María Moliner, recibimos o diploma de ter quedado este ano entre os finalistas. A traxectoria da nosa biblioteca neses premios é a seguinte: 2009 Finalistas 2008 Gañadores na categoria de Mellor Proxecto de Animación á Lectura 2007 Finalistas 2006 Finalistas 2005 Finalistas 2004 Entre as 350 bibliotecas premiadas. Unha vez máis queremos agradecer a vosa participación nas distintas actividades levadas a cabo porque ese é o noso mellor premio.

Horarios nas festas de Nadal

Durante o que queda das festas de Nadal a Biblioteca permanecerá pechada os días de Fin de Ano e Aninovo e o sábado 2 de xaneiro. Desexamos que teñades todos unha moi boa entrada de ano.