Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 22, 2015

Actividades para o alumnado de 3º ciclo do CEIP "José María Lage"

Hoxe rematamos as visitas escolares do CEIP programadas para este curso. Esta semana foi a quenda do alumnado de 3º ciclo. Con eles lemos un par de historias do libro "Cuentos en verso para niños perversos" de Roald Dahl . A continuación xogamos a adiviñar as historias de varios libros ocultos a través da lectura de pequenos fragmentos.

La Templanza, de María Dueñas

Nada facía supoñer a Mauro Larrea que a fortuna que levantou tras anos de tesón e ousadía se lle derrubaría cun estrepitoso revés. Afogado polas débedas e a incerteza, aposta os seus últimos recursos nunha temeraria xogada que abre ante el a oportunidade de rexurdir. Ata que a perturbadora Soidade Montalvo , esposa dun marchante de viños londiniense, entra na súa vida envolvida en claroscuros para arrastralo a un porvir que xamais sospeitou. Da nova república mexicana á espléndida Habana colonial; das Antillas ao Xerez da segunda metade do XIX, cando o comercio dos seus viños con Inglaterra converteu a cidade andaluza nun enclave cosmopolita e lendario. Por todos estes escenarios transita La Templanza , unha novela que fala de glorias e derrotas, de minas de prata, intrigas de familia, viñas, adegas e cidades soberbias cuxo esplendor se esvaeceu no tempo. Unha historia de coraxe ante as adversidades e dun destino alterado para sempre pola forza dunha paixón. www.plan

Hombres buenos, de Arturo Pérez-Reverte

A finais do século XVIII, cando dous membros da Real Academia Española, o bibliotecario don Hermógenes Molina e o almirante don Pedro Zárate , recibiron dos seus compañeiros o encargo de viaxar a París para conseguir de forma case clandestina os 28 volumes da Encyclopédie de D'Alembert e Diderot , que estaba prohibida en España, ninguén podía sospeitar que os dous académicos ían enfrontarse a unha perigosa sucesión de intrigas, a unha viaxe de incertezas e sobresaltos que os levaría, por camiños infestados de bandoleiros e incómodas vendas e pousadas, dende o Madrid ilustrado de Carlos III ao París dos cafés, os salóns, os faladoiros filosóficos, a vida libertina e as axitacións políticas en vésperas da Revolución francesa. Baseada en feitos e personaxes reais, documentada con extremo rigor, conmovedora e fascinante en cada páxina, Hombres buenos narra a heroica aventura de quen, orientados polas luces da Razón, quixeron cambiar o mundo con libros, cando o futuro

En el corazón de los fiordos, de Christine Kabus

Nordfjordeid , 2010. Despois da morte da súa nai, Lisa, unha exitosa fotógrafa alemá, recibe un paquete de parte do notario da familia. Este contén un antigo medallón, coa foto dunha parella en tempos de guerra, e unha carta da súa nai. Esta foto amarelenta levaraa a viaxar ao tranquilo pobo de Nordfjordeid , en Noruega, e será a única pista para que Lisa poida rastrexar e descubrir quen foron realmente os seus antepasados. Lisa penetrará na vida dos fiordes e descubrirá neles non só o verdadeiro amor senón tamén a verdadeira orixe da súa nai, o que lle permitirá esclarecer os segredos que levan décadas durmidos na historia da súa familia, as sombras daquel pasado que alcanzaron e chegaron a cubrir o seu presente. www.edicionesb.com

Las lágrimas de la diosa maorí, de Sarah Lark

Tras seducir a un millón e medio de lectores en castelán, Sarah Lark pecha a maxistral triloxía con que dá voz á muller. Agora, ademais das habituais sagas familiares ambientadas nun país exótico, Lark fálanos das pioneiras das conquistas sociais femininas: primeiro o sufraxio, despois o acceso á universidade e, por último, a posibilidade de voar, voar, voar... Nova Zelandia, 1899. O fillo de Lizzie e Michael Drury é enviado como médico a Sudáfrica, onde se libra a guerra dos Bóers, para gran desgusto de Roberta , quen loitará para estar con el custe o que custe. Paralelamente, a moza Atamarie obtén unha importante vitoria: ser a primeira muller que cursa estudos de Enxeñaría na Universidade de Nova Zelandia. Dende nena fascináronlle os papaventos maorís, pero agora esta afección permítelle coñecer o pioneiro da aviación mundial... www.edicionesb.com

Actividades para o alumnado de 2º ciclo do CEIP "José María Lage"

A semana pasada foi a quenda do alumnado de 2º ciclo. Nesta ocasión lemos a historia "Los tres lobitos y el cochino feroz" e xogamos a adiviñar animais a través das súas siluetas.