Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro 11, 2011

Premios María Moliner

Un ano máis o proxecto de animación á lectura presentado pola nosa Biblioteca aos Premios María Moliner figura entre os proxectos premiados. Despois de obter o Premio Nacional de Animación á Lectura no ano 2008 e varias mencións especiais noutras convocatorias, no 2011 figuramos entre os 300 proxectos seleccionados en toda España, polo que recibiremos un novo lote de libros que pasará a formar parte dos fondos da Biblioteca. Moitas grazas ao profesorado e alumnado do CEIP "José María Lage" xa que sin a vosa participación estes premios non serían posibles.