Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 6, 2011

Actividade para os nenos de 4 anos

Hoxe foron os nen@s de 4 anos os que disfrutaron da historia de Simbad o mariño e confeccionaron o seu barco.

Actividade para os nen@s de 3 anos

Onte comezamos as actividades programadas en colaboración co CEIP "José María Lage" para este curso. As historias que van guiar estas actividades son os contos das Mil e Unha Noites. A sala infantil converteuse nun mundo máxico inspirado na cultura oriental. Os nen@s de 3 anos foron os primeiros en desfrutar da historia de Simbad o mariño. A través dun enorme mural Mónica foinos contando a historia de Simbad e as súas viaxes. Despois coloreamos con rotuladores un barco e pegamos a Simbad nel. Os rapaces demostraron ser uns estupendos artistas. O xoves os rapaces de 4 anos e o venres os de 5 asistirán a esta mesma actividade.