Saltar ao contido principal

Actividade para os nen@s de 3 anos


Onte comezamos as actividades programadas en colaboración co CEIP "José María Lage" para este curso. As historias que van guiar estas actividades son os contos das Mil e Unha Noites.
A sala infantil converteuse nun mundo máxico inspirado na cultura oriental. Os nen@s de 3 anos foron os primeiros en desfrutar da historia de Simbad o mariño. A través dun enorme mural Mónica foinos contando a historia de Simbad e as súas viaxes. Despois coloreamos con rotuladores un barco e pegamos a Simbad nel. Os rapaces demostraron ser uns estupendos artistas.
O xoves os rapaces de 4 anos e o venres os de 5 asistirán a esta mesma actividade.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.