Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 27, 2011

O Nadal na Biblioteca

Hoxe chegou o Nadal á nosa biblioteca e o fixo a través da decoración e a nova mostra bibliográfica que vos invita a decorar o Nadal, a facer agasallos vos mesmos... E tamén dende hoxe comezamos a entregar as papeletas do sorteo de dúas cestas de Nadal cheas de libros. Cada vez que levedes un libro en préstamo entregarásevos unha papeleta para participar no sorteo que se celebrará o día 22 de decembro ás 17:30 h. ¡Canto máis leas máis posibilidades terás de gañar!.

Moitos contos para ti - 30 de novembro de 2011

Dentro do ciclo "Moitos contos para ti", onte recibimos a visita de Raquel Queizás que nos trouxo "Contos do cestiño". Foi un pracer escoitar as dúas historias que nos relatou. A última sesión de "Moitos contos para ti 2011" será o día 21 de decembro ás 17:30 h. con Tarabelos contacontos.