Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto 30, 2015

El mundo de Hielo y Fuego

Xa na biblioteca "El Mundo de Hielo y Fuego", a pequena enciclopedia sobre "Canción de Hielo y Fuego" realizada por George R.R. Martin, Elio Martin e Linda Antonsson. Unha visita ilustrada aos Sete Reinos e ao mundo de "Juego de tronos". "El mundo de Hielo y Fuego" é un traballo de documentación titánico que abrangue dende a Era do Amañecer ata a Idade dos Heroes; dende a chegada dos primeiros homes ata o desembarco de Aegon el Conquistador, a Danza dos Dragóns e a rebelión do rei Robert. Un verdadeiro tratado elaborado a partir de todas as fontes dispoñibles: libros e pergameos da biblioteca da Cidadela, cancións e tradicións populares, textos sagrados da Fe e o coñecemento arcano de bruxos e magos.

Horario

A partir de mañá, día 1 de setembro, a biblioteca volve ao horario de inverno: - De luns a venres: de 10:00 a 13:30 h. e de 16:00 a 20:00 h. - Sábados: de 10:00 a 13:30 h.