Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: June 7, 2015

El club de los viernes, de Kate Jacobs

Recibimos o terceiro libro de "El club de los viernes". Lestes algún deles?

El domador de leones, de Camilla Läckberg

Xa está na biblioteca o novo libro de Camilla Läckberg. 
Sinopse: Estamos en pleno mes de xaneiro e en Fjällbacka fai un frío polar. Unha moza medio nua deambula polo bosque nevado e chega á estrada. Un coche aparece da nada e non ten tempo de esquivala. Cando o comisario Patrik Hedström e o seu equipo reciben a alarma sobre o accidente, a rapaza xa foi identificada. Desapareceu catro meses atrás e dende entón non soubo nada dela. O seu corpo ten marcas de atrocidades inimaxinables, e é posible que non sexa a única, nin a última vítima do seu agresor. Ao mesmo tempo, Erica Falck investiga unha vella traxedia familiar que acabou coa morte dun home. Erica sospeita que a súa esposa oculta algo terrible e teme que o pasado proxecte a súa alongada sombra sobre o presente.
Le o primeiro capítulo.

Acceso á Biblioteca Dixital da Rede de Bibliotecas de Galicia

Co teu carné da biblioteca municipal podes acceder á Biblioteca Dixital da Rede de Bibliotecas de Galicia, tendo acceso aos seguintes recursos electrónicos:
- Banco de Contidos de Planeta: este recurso é o maior banco de contidos dixitais en lingua española e diríxese tanto ao público adulto como ao infantil e xuvenil. Conta con innumerables materiais de consulta de todas as áreas do coñecemento e cunha ampla oferta audiovisual (galería multimedia con fotos, vídeos, interactivos, audios…) que fai del un contorno educativo adaptado ás necesidades actuais do alumnado. A toda esta información engádese un dicionario multilíngüe, estatísticas, temas de actualidade etc. 
- E-Junior.net: enciclopedia electrónica dirixida aos rapaces de primaria e primeiro ciclo de secundaria, adecuada aos contidos curriculares que se desenvolven nestas etapas.

- I-Conoce: servizo de novas aparecidas en medios dixitais de todo o mundo: prensa, publicacións especializadas en economía, deport…