Saltar ao contido principal

Acceso á Biblioteca Dixital da Rede de Bibliotecas de Galicia

Co teu carné da biblioteca municipal podes acceder á Biblioteca Dixital da Rede de Bibliotecas de Galicia, tendo acceso aos seguintes recursos electrónicos:

- Banco de Contidos de Planeta: este recurso é o maior banco de contidos dixitais en lingua española e diríxese tanto ao público adulto como ao infantil e xuvenil. Conta con innumerables materiais de consulta de todas as áreas do coñecemento e cunha ampla oferta audiovisual (galería multimedia con fotos, vídeos, interactivos, audios…) que fai del un contorno educativo adaptado ás necesidades actuais do alumnado. A toda esta información engádese un dicionario multilíngüe, estatísticas, temas de actualidade etc. 

- E-Junior.net: enciclopedia electrónica dirixida aos rapaces de primaria e primeiro ciclo de secundaria, adecuada aos contidos curriculares que se desenvolven nestas etapas.

- I-Conoce: servizo de novas aparecidas en medios dixitais de todo o mundo: prensa, publicacións especializadas en economía, deporte, tecnoloxía... , blogs e confidenciais.

- Gale Virtual Reference Library: plataforma que contén obras de referencia en formato electrónico.

Podes acceder a estes recursos desde a portada da páxina da Rede de Bibliotecas de Galicia (icona "Biblioteca Dixital da Rede") ou a través da seguinte ligazón:
http://rbgalicia.xunta.es/index.php?ap=17&subApartado=61
Unha vez dentro do recurso que desexes consultar, tes que escoller a biblioteca de Ortigueira e introducir as túas claves. Se tes carné pero non podes acceder, pregúntanos para verificar o teu "Usuario" e "Contrasinal".

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.