Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 18, 2010

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

Aínda que o Día Mundial do Libro é hoxe, na biblioteca o celebramos con actividades ao longo de todo o mes. O mércores 21 celebramos o sorteo de lotes de libros entre os socios e socias que utilizaron o servizo de préstamo ao longo de todo o mes. As agraciadas foron:

- Lara Penabad Peña (lote infantil)
- Andrea Iglesias Fernández (lote juvenil)
- Mª José Marias García (lote de adultos).


Ese mesmo día vos propuxemos cubrir unha enquisa de opinión sobre a biblioteca e agradecimos a tod@s a vosa participación cun libro. Nos próximos días presentaremos un informe cos resultados.

A última actividade de celebración será o día 28 no CEIP "José Mª Lage", onde o autor Anxo Fariña entregará os premios do Concurso de debuxo e levará a cabo dúas sesións de contacontos.

Grazas a tod@s por participar nas diferentes actividades e FELIZ DÍA DO LIBRO.



Visita dun grupo de alumn@s de 4º da ESO do IES de Ortigueira

O Xoves 22 un grupo de alumn@s de 4º da ESO viñeron coa súa profesora América a coñecer un pouco mellor a biblioteca. Falamos dos servizos que ofrece e resaltamos os máis descoñecidos, como por exemplo, a biblioteca dixital ou o OPAC web.

Hoxe celebramos o Día do Libro

Como todos sabedes no mes de abril conflúen dúas datas moi importantes no mundo do libro, que son, o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e o 23 de abril, Día Mundial do Libro. Na Biblioteca celebramos estes acontecementos adicando todo o mes ao libro a través do programa "Sementando lecturas". As actividades propostas son:
VI Concurso de debuxo en formato marcapáxinas en colaboración co CEIP "José María Lage". Anxo Fariña entregará os premios no CEIP o próximo mércores. Na biblioteca podedes ver durante todo o mes a exposición cos debuxos premiados e con todos os debuxos participantes .Sorteo de lotes de libros. Ao longo deste mes estivemos entregando papeletas de participación a todos os que leváchedes libros en préstamo. O sorteo será hoxe, día 21 ás 17:00 h.Agasallo de libros. A tod@s aqueles que ao longo do día de hoxe cumplimentedes unha enquisa anónima sobre a biblioteca, que está á vosa disposición na mesma, recibiredes como agasallo un…