Saltar ao contido principal

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

Aínda que o Día Mundial do Libro é hoxe, na biblioteca o celebramos con actividades ao longo de todo o mes. O mércores 21 celebramos o sorteo de lotes de libros entre os socios e socias que utilizaron o servizo de préstamo ao longo de todo o mes. As agraciadas foron:

- Lara Penabad Peña (lote infantil)
- Andrea Iglesias Fernández (lote juvenil)
- Mª José Marias García (lote de adultos).


Ese mesmo día vos propuxemos cubrir unha enquisa de opinión sobre a biblioteca e agradecimos a tod@s a vosa participación cun libro. Nos próximos días presentaremos un informe cos resultados.

A última actividade de celebración será o día 28 no CEIP "José Mª Lage", onde o autor Anxo Fariña entregará os premios do Concurso de debuxo e levará a cabo dúas sesións de contacontos.

Grazas a tod@s por participar nas diferentes actividades e FELIZ DÍA DO LIBRO.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.