Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September 22, 2013

Y las montañas hablaron, de Khaled Hosseini

A decisión dunha humilde familia campesiña de dar unha filla en adopción a un matrimonio adiñeirado é o fundamento sobre o que Khaled Hosseini -autor dos inesquecibles Cometas en el cielo e Mil soles espléndidos- teceu este formidable tapiz no que se entrelazan os destinos de varias xeracións e se exploran as infinitas formas en que o amor, o valor, a traizón e o sacrificio desempeñan un papel determinante nas vidas das persoas.
A historia arranca nunha remota e desolada aldea de Afganistán, onde Sabur e a súa segunda muller se enfrontan en condicións precarias á chegada doutro inverno implacable. Abdulá, o fillo maior, de dez anos, coidou da súa irmá Pari dende que era pequena, e agora ambos os dous escoitan cativados a triste historia que lles relata o seu pai antes de deitalos, a véspera de iniciar unha longa viaxe que os conducirá ata Kabul. Alí, nas buliciosas rúas da capital, dará comezo este fascinante itinerario que guiará o lector dende o outono de 1952 ata o present…