Saltar ao contido principal

Y las montañas hablaron, de Khaled Hosseini

A decisión dunha humilde familia campesiña de dar unha filla en adopción a un matrimonio adiñeirado é o fundamento sobre o que Khaled Hosseini -autor dos inesquecibles Cometas en el cielo e Mil soles espléndidos- teceu este formidable tapiz no que se entrelazan os destinos de varias xeracións e se exploran as infinitas formas en que o amor, o valor, a traizón e o sacrificio desempeñan un papel determinante nas vidas das persoas.

A historia arranca nunha remota e desolada aldea de Afganistán, onde Sabur e a súa segunda muller se enfrontan en condicións precarias á chegada doutro inverno implacable. Abdulá, o fillo maior, de dez anos, coidou da súa irmá Pari dende que era pequena, e agora ambos os dous escoitan cativados a triste historia que lles relata o seu pai antes de deitalos, a véspera de iniciar unha longa viaxe que os conducirá ata Kabul. Alí, nas buliciosas rúas da capital, dará comezo este fascinante itinerario que guiará o lector dende o outono de 1952 ata o presente, de Kabul a París, dende a illa grega de Tinos ata San Francisco.

Seis anos despois da publicación da súa anterior novela e superados os 38 millóns de exemplares vendidos en todo o mundo, Khaled Hosseini volve demostrar o seu inmenso talento para narrar historias con valor universal e a súa inesgotable capacidade para crear personaxes que nos resultan asombrosamente próximos e auténticos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.