Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 25, 2010

Premios VI Concurso de debuxo en formato marcapáxinas

Como xa sabedes todos, este ano o noso Concurso de debuxo en formato marcapáxinas estivo adicado á obra do escritor e ilustrador galego Anxo Fariña. Entre os debuxos que fixéchedes os alumn@s do CEIP "José María Lage", e que están expostos na Biblioteca, os premiados foron: 1º premio MARÍA FOJÓN MARTÍNEZ. 2º ciclo Finalistas HELENA LÓPEZ PEÑA. Infantil CHARI DOCAL PÉREZ. 1º ciclo LOLA DEL CARMEN PÉREZ LORENZO. 2º ciclo BORJA BEN MARIÑA. 3º ciclo O primeiro premio consistiu na edición do marcapáxinas co debuxo gañador, un MP4 e un estupendo lote de libros. Os finalistas recibiron cadanseu lote de libros. E, por suposto, Anxo Fariña foi quen entregou os premios na súa visita. Podedes ver más fotos nos blogues do CEIP.

Recibimos a visita de Anxo Fariña

Incluida nas celebracións do Mes do Libro, o mércores pola mañá recibimos a visita Anxo Fariña. Ás 10:15 estivo cos nen@s de educación infantil e de 1º ciclo do CEIP "José María Lage" e ás 12:15 cos de 2º e 3º ciclo. Tod@s coñecíamos xa as súas obras posto que limos algunhas delas para facer os debuxos do VI Concurso de debuxo en formato marcapáxinas. Explicounos como é o seu traballo de escritor e de ilustrador. Fixo varios debuxos tomando como modelo a alumnos e alumnas que saíron voluntarios e a partir deses debuxos inventou divertidas historias.