Saltar ao contido principal

Recibimos a visita de Anxo Fariña

Incluida nas celebracións do Mes do Libro, o mércores pola mañá recibimos a visita Anxo Fariña. Ás 10:15 estivo cos nen@s de educación infantil e de 1º ciclo do CEIP "José María Lage" e ás 12:15 cos de 2º e 3º ciclo.
Tod@s coñecíamos xa as súas obras posto que limos algunhas delas para facer os debuxos do VI Concurso de debuxo en formato marcapáxinas. Explicounos como é o seu traballo de escritor e de ilustrador. Fixo varios debuxos tomando como modelo a alumnos e alumnas que saíron voluntarios e a partir deses debuxos inventou divertidas historias.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que aconteceu na biblioteca nos meses de xaneiro e febreiro?

 O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022.   O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración.   En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14.   Retomamos a campaña "Un bebé, un libro".   Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Que aconteceu na biblioteca nos últimos tempos?

Inauguramos unha nova sección no blogue na que cada mes intentaremos recoller un resumo do acontecido na vosa biblioteca. A finais de abril e principios de maio visitamos a Residencia de Persoas Maiores de Ortigueira e aos usuarios e usuarios de ASPROMOR para celebrar o Día do Libro con actividades lúdicas e a instalación dos seus respectivos puntos de lectura. O día 6 de maio celebramos as Letras Galegas coa visita de Caxoto que deu a coñecer aos máis peques a figura de Florencio Delgado Gurriarán.