Saltar ao contido principal

¡Gañamos o premio María Moliner de Animación á Lectura 2008!

Ainda que non pareza certo, así é. Unha biblioteca perdida na xeografía galega, situada nun entorno rural e que atende a un núcleo de poboación moi diseminado.

Dúas bibliotecarias ao frente da sección infantil, da hemeroteca, da sala multimedia e un longo etc..., e desenvolvendo un programa de animación á lectura que se leva a cabo durante todo o ano.

Como ingredientes: xornadas maratonianas, moita imaxinación, reciclaxe de materiais inimaxinables, unha morea de estrés, unha chisca de paciencia, un montón de rapaces... pero ¡por fin! mereceu a pena. O noso traballo foi premiado polo Ministerio de Cultura como "Mejor Proyecto de Animación a la Lectura" na XI edición da Campaña María Moliner.

E como consideramos que o ingrediente fundamental son eses rapaces, queremos agradecerlles a súa participación, xa que sin ela o noso esforzo non tería sentido.

Queremos agradecer todas as felicitacións recibidas por parte dos nosos usuarios, dos compañeiros e compañeiras das bibliotecas municipais galegas, dos medios de comunicación...

Tamén un recoñecemento moi especial ao anterior alcalde, Antonio Campo e ao actual Goberno municipal polo seu apoio e aposta por este proxecto.

A nosa gratitude ao profesorado dos distintos centros de ensinanza do municipio pola súa participación en diversas actividades.

Por último un enorme agradecemento ao Ministerio de Cultura, á Federación Española de Municipios y Provincias e á Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sainz de Vicuña pola realización desta Campaña que premia o labor desenvolvido polos bibliotecarios nos municipios de menos de 50.000 habitantes.

Un saúdo a todos

Mónica e María José

Comentarios

rocio dixo…
ENHORABUENA!!!Por fin!! no sabeis cuanto me alegro, o si...ya son muchos años de quedarse a las puertas con menciones, premios al esfuerzo,..., pero por fin lo habeis conseguido. Tengo que decir que yo, que lo vivi desde dentro sé lo que lo trabajais, lo que dais de vosotras dia a dia para que ese proyecto vaya para delante, el esfuerzo que haceis y el amor y las ganas que le poneis a todas las actividades que realizais en la "biblio".
De verdad, me alegro muchisimo.
Os lo mereceis!!! Muchos besos. Rocío.
Pruebas dixo…
Noraboa,

Sinceramente é un luxo ser veciña de Ortigueira e contar cunha biblioteca tan preparada e que tira tan bo proveito dos poucos recursos que ten.

As miñas máis sinceras felicitacións.

Noa

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.