Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 19, 2015

Recomendacións lectoras no photocall do Día Mundial do Libro

Séntate a ler no Día Mundial do Libro

Aquí tedes unha foto con algunhas pistas sobre onde localizar os libros que deixamos por diferentes bancos. Animarvos a contarnos se os encontrastes. Feliz Día do Libro!

Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto

«As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía.  Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde queda Fonfría, aló arriba na montaña, mais todos saben de Capetón, Cape Town, na fin de África. Un mariñeiro do Muro non saberá, quizá, de Olelas, na raia de Portugal, mais todos saben de Antuerpe, que é como lle din en galego do mar a Amberes, o gran porto do Norte.  Prodixioso saber gremial, absolutamente vedado a terrícolas e terrícolos.  Cómpre romper con esta fronteira de silencio. E cómpre principiar a mollarse na auga máis doméstica: o Gran Sol. Caladoiros tan humanizados polos nosos avós que dende hai moitas décadas teñen nome en galego. Embárcate nestas palabras. Alén do paralelo 48º N, o Mar das Galiñas, a Cona da Vella, a Ferradura agardan.  Está subindo a marea, ti non quedes varado en seco.

El demonio de la depresión, de Andrew Solomon

El demonio de la depresión , que aparece agora nunha versión aumentada e revisada, é unha obra fundamental que obtivo o National Book Award e foi finalista do Premio Pulitzer . Solomon explora o fenómeno da depresión dende a perspectiva persoal, a cultural e a científica, a partir da súa propia loita coa enfermidade e de entrevistas con outros enfermos, médicos e científicos, responsables políticos, investigadores farmacolóxicos e filósofos; así revela a sutil complexidade e a intensa agonía da enfermidade.  Este libro asume o reto de definir a depresión e describe o amplo abano de medicamentos dispoñibles, a eficacia das terapias alternativas, e o impacto que a enfermidade ten en distintos grupos sociais, arredor do mundo e ao longo da historia. Tamén investiga o controvertido campo das cuestións éticas e morais formuladas polas novas explicacións biolóxicas da enfermidade mental. Solomon demostra unha sinceridade, un enxeño e unha erudición únicas ao longo desta

Andel de novidades - Lecturas do IES

Andel de novidades - Libros para viaxar