Saltar ao contido principal

El demonio de la depresión, de Andrew Solomon

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=116337
El demonio de la depresión, que aparece agora nunha versión aumentada e revisada, é unha obra fundamental que obtivo o National Book Award e foi finalista do Premio Pulitzer. Solomon explora o fenómeno da depresión dende a perspectiva persoal, a cultural e a científica, a partir da súa propia loita coa enfermidade e de entrevistas con outros enfermos, médicos e científicos, responsables políticos, investigadores farmacolóxicos e filósofos; así revela a sutil complexidade e a intensa agonía da enfermidade. 

Este libro asume o reto de definir a depresión e describe o amplo abano de medicamentos dispoñibles, a eficacia das terapias alternativas, e o impacto que a enfermidade ten en distintos grupos sociais, arredor do mundo e ao longo da historia. Tamén investiga o controvertido campo das cuestións éticas e morais formuladas polas novas explicacións biolóxicas da enfermidade mental. Solomon demostra unha sinceridade, un enxeño e unha erudición únicas ao longo desta viaxe de alcance e profundidade incomparable, ao máis escuro dos segredos familiares. A súa contribución ao noso entendemento non só da enfermidade mental, senón tamén da condición humana é asombroso.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.