Coa chegada da primavera, o pobo de Pantorra do Piñeiral prepárase para recibir ao máis granado do panorama lírico español, que acode ás terceiras Xornadas Poéticas, celebradas anualmente no Convento das Espinosas . A reunión de tres días preséntase como a oportunidade perfecta para o desvarío dos participantes, que chegan con ganas de esmorga e un obxectivo común entre cella e cella: o sexo, a diversión e a gloria literaria, acompañada preferiblemente dun pisón ao contrario. Todo é posible nestes encontros. Se algo pode acabar mal, rematará peor nunhas xornadas que dificilmente poderán volver convocarse. Un percorrido polas miserias do mundo poético nunha comedia de enredos que, a pesar da súa mordacidade, non está exenta de certa dose de tenrura, a auténtica receita do bo humor. Un perfecto dominio da linguaxe, a brillantez lúdica no ton solemne do narrador e a parodia canalla da trama son os ingredientes que Fernando Aramburu puxo ao servizo dunha novela hilaran...
Ven ler á túa biblioteca