Saltar ao contido principal

El corazón de la selva, de Elvira Menéndez

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=111411
Novo Mundo, 1556. Acusado de asasinato, o capitán Salazar foxe de Asunción con fray Juan sen saber que a súa fuga obrigará a Mencía de Calderón e a Ana de Rojas a partir na súa busca nunha perigosa e emocionante viaxe a través da selva.

Pero este é só o principio dunha nova aventura para os protagonistas que coñecemos en El corazón del océano: seguindo o rastro do mítico El Dorado, dende os poboados indíxenas ata as profundidades das minas de Potosí -entre tahúres, explotadores e correxidores corruptos chegados das Españas-, todos eles se verán atrapados nunha intriga que cambiará os seus destinos e os dos seus descendentes para sempre.

El corazón de la selva é unha intensa novela chea de sorpresas, intrigas, paixón e valentía que transportará ao lector a unha das épocas máis apaixonantes da historia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.