Saltar ao contido principal

El domador de leones, de Camilla Läckberg

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=116947
Xa está na biblioteca o novo libro de Camilla Läckberg. 

Sinopse:
Estamos en pleno mes de xaneiro e en Fjällbacka fai un frío polar. Unha moza medio nua deambula polo bosque nevado e chega á estrada. Un coche aparece da nada e non ten tempo de esquivala. Cando o comisario Patrik Hedström e o seu equipo reciben a alarma sobre o accidente, a rapaza xa foi identificada. Desapareceu catro meses atrás e dende entón non soubo nada dela. O seu corpo ten marcas de atrocidades inimaxinables, e é posible que non sexa a única, nin a última vítima do seu agresor. Ao mesmo tempo, Erica Falck investiga unha vella traxedia familiar que acabou coa morte dun home. Erica sospeita que a súa esposa oculta algo terrible e teme que o pasado proxecte a súa alongada sombra sobre o presente.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.