O maior fenómeno editorial da historia na rede, con máis de mil millóns de lecturas online. Unha serie 'fan-fiction' escrita por unha moza de 25 anos e que grazas á plataforma Wattpad arrasa en todo o mundo.
AFTER converteuse no maior fenómeno editorial da historia a través da plataforma Wattpad,
unha rede de lectura social na que escritores anónimos colgan as súas
historias por capítulos e onde os lectores interactúan achegando ideas,
suxerindo novas tramas e compartindo opinións co resto de usuarios. O
que naceu como un hobby e unha forma de distraerse para a súa autora, Anna Todd,
rapidamente foi crecendo ata chegar a miles e miles de lectores de todo
o mundo que esperaban ansiosos a publicación dun novo capítulo. Os
mesmos usuarios de Wattpad crearon unha comunidade de fans en máis de 15 idiomas.
Tras este éxito irresistible, Simon and Schuster, unha das principais editoriais de EUA, adquiriu os dereitos por un contrato millonario e estase a levar a cabo un gran lanzamento mundial en 30 países. A edición en papel é unha versión ampliada, revisada e enriquecida respecto á dixital que permitirá aos lectores coñecer máis detalles tanto da historia coma dos protagonistas.
Este aspecto, ademais, verase potenciado coa aplicación AFTER de descarga opcional para móbiles que Editorial Planeta creou para os lectores desta serie. A app está ideada para gozar de contido extra como listas musicais, vídeos, imaxes e outros materiais adicionais que enriquecerán a experiencia de lectura. Os dereitos de cine e televisión da novela xa se venderon e de feito xa está confirmada a produción da película.
AFTER narra a historia de Tessa Young, unha moza que se enfronta ao seu primeiro ano na universidade. Afeita a unha vida estable e ordenada, o seu mundo cambaléase cando coñece a Hardin, un rapaz tan guapo como bordo, inquietante, cheo de tatuaxes, e de aparente mala vida. Dende o primeiro momento ódianse.
Pertencen a dous mundos distintos, pero pronto se farán máis que amigos e nada volverá ser igual. Hardin e Tessa deberán enfrontarse a moitas probas para estar xuntos. A inocencia, espertar á vida, o descubrimento do sexo... as pegadas dun amor tan poderoso como a forza do destino.

Comentarios