Saltar ao contido principal

Se prohíbe mantener afectos desmedidos en la puerta de la pensión, de Mamen Sánchez

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=114323
Neste novo libro, a autora supérase a si mesma e dende a primeira páxina o humor, a empatía cara aos personaxes, as sorpresas e a variedade de rexistros alíanse para conseguir unha lectura absorbente e absolutamente satisfactoria.

De novo, trátase dunha novela coral, pero protagonizada por unha muller que non ten máis remedio que:´

a) Reconstruírse case dende cero despois dun divorcio demoledor.
b) Reformar a casa dos seus avós, un chaleciño en bastante mal estado na ribeira do Pomares.
c) Buscar hóspedes, non porque necesite o diñeiro, que tamén,
senón, sobre todo, porque é o mellor xeito que se lle ocorre para evitar ter que vivir só.

Pero como a pesar de todo é unha muller sensata, decide impoñerse
e impoñer unhas regras que, partindo da amarga experiencia, faciliten a convivencia. Por exemplo:

. PROHÍBESE AFLIXIRSE POR CAUSAS ALLEAS AO SENTIDO COMÚN.
. PROHÍBESE MOSTRAR COMPAIXÓN CARA A QUEN NON A DESEXA.

O que ela e os seus hóspedes sexan capaces ou te ganas de cumprilas xa será outro cantar...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.