Saltar ao contido principal

Instantáneas de plastilina















Onte acollimos na Biblioteca o obradoiro "Instantáneas de plastilina" de María Noel Toledo. Esta actividade estivo cofinanciada pola Xunta de Galicia dentro do programa Ler conta moito.
A artista plástica comezou a actividade cunha explicación sobre a técnica para traballar a plastilina: o volume, a busca de novas cores, a xuntanza das pezas... para logo realizar as figuras.
Por grupos os asistentes escolleron a temática a traballar e organizáronse para facer o decorado e os personaxes.
Nas fotos podedes ver as diferentes escenas plasmadas por cada grupo de pequenos artistas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.