Saltar ao contido principal

IV concurso de debuxo en formato marcapáxinas

Xa podedes ver na Biblioteca a exposición de todos os debuxos participantes na 4ª edición do concurso de debuxo en formato marcapáxinas, que este ano, como xa sabedes tod@s, estivo adicado á obra da escritora fenesa Paula Carballeira.

Participaron 289 alumn@s de infantil e primaria dos distintos centros de Ortigueira: CEIP "José Mª Lage", EE.II. de Espasante, CEIP Abasteira e CEIP Igrexa de Loiba.

Os debuxos premiados foron:
  • 1º Premio: ÁLVARO PRIETO PIÑEIRO. CEIP "José Mª Lage". 3º ciclo.
  • 2º premio (categoría infantil): CARLA FERNÁNDEZ RIVEIRA. CEIP "José Mª Lage".
  • 2º premio (categoría 1º ciclo): ANDRÉS MUÍÑO BLANCO. CEIP "José Mª Lage".
  • 2º premio (categoría 2º ciclo): ELIANA ABELLA PAJÓN. CEIP "José Mª Lage".
  • 2º premio (categoría 3º ciclo): ALDARA DOVALE LORENZO. CEIP "José Mª Lage".
A entrega de premios relizarase o día 23 -Día Mundial do Libro- ás 17:00 h. na Biblioteca xunto co sorteo de varios lotes de libros.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que aconteceu na biblioteca nos meses de xaneiro e febreiro?

 O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022.   O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración.   En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14.   Retomamos a campaña "Un bebé, un libro".   Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Que aconteceu na biblioteca nos últimos tempos?

Inauguramos unha nova sección no blogue na que cada mes intentaremos recoller un resumo do acontecido na vosa biblioteca. A finais de abril e principios de maio visitamos a Residencia de Persoas Maiores de Ortigueira e aos usuarios e usuarios de ASPROMOR para celebrar o Día do Libro con actividades lúdicas e a instalación dos seus respectivos puntos de lectura. O día 6 de maio celebramos as Letras Galegas coa visita de Caxoto que deu a coñecer aos máis peques a figura de Florencio Delgado Gurriarán.