Lisa Marie, Marie Louise e Anne Marie son tres primas que comparten nome en honor á súa avoa, pero alí remátanse as súas semellanzas. Louise é unha exitosa decoradora, Anne Marie está desbordada pola súa familia e Lisa Marie
ve perigar a súa pequena libraría pola apertura dunha gran cadea. Aínda
así, por insistencia das súas nais, as tres mulleres reúnense
mensualmente para compartir uns doces caseiros. Tras recibir a noticia
de que o seu tío Horst morreu e lles deixou
a súa granxa en herdanza, non lles queda máis remedio que trasladarse
ao campo unha tempada. As tres primas terán que lidar cos problemas
cotiáns dunha granxa con animais, como aprender a muxir vacas e dar de
comer ás galiñas, cometido para o que afortunadamente contan coa axuda
da eficaz monxa Buenaventura, unha boa amiga do seu tío.
Ven ler á túa biblioteca
Comentarios