Saltar ao contido principal

Hacia la sobriedad feliz, de Pierre Rabhi

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=114448
Este é un libro escrito coa urxencia do manifesto e a reflexividade do ensaio, coa proximidade sincera das mellores autobiografías e coa distancia necesaria do pensamento crítico. É un libro escrito por un agricultor e filósofo autodidacta que se converteu nun dos referentes do pensamento máis lúcido, consecuente e libre dos nosos difíciles e axitados tempos. Un libro que ule vida e ideas, palabras e acción mesturadas verdadeiramente coa terra.

Durante a súa infancia en Alxeria, Rabhi asiste á vertixinosa transformación dunha austeridade antiga -que deixaba espazo á vida, o ocio e o sorriso- na desesperante miseria que impón o capital globalizado. A finais dos anos cincuenta, durante a súa xuventude como inmigrante en Francia, se ve forzado a aceptar unha forma de aniquilación persoal cuxo único obxectivo é facer que siga xirando a maquinaria económica do crecemento ilimitado, pero sempre en beneficio duns poucos. Entón toma a decisión, tanto vital coma intelectual, maxistralmente descrita nestas páxinas, de abandonar a civilización sen raíces e a sociedade de consumo que se impoñía xa con contundencia naqueles anos: abandonar ese camiño de devastación individual, que só beneficia a unha minoría privilexiada, para buscar outro camiño posible, que demostra perfectamente realizable.

A través das experiencias que ao longo das décadas sustentan este libro, e ante a emerxencia provocada pola crise actual, unha evidencia impónselle a Pierre Rabhi: só a sabia e gozosa moderación das nosas necesidades e desexos, case todos eles falsos ou pouco satisfactorios, permitirá romper coa orde antropófaga da «globalización», devolverlle ao mundo a súa lixeireza e ao home o que é seu: unha vida feliz nesta terra.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.