Saltar ao contido principal

Ese instante de felicidad, de Federico Moccia

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=108985
Nicco está a pasar por unha época difícil: a súa noiva deixouno e dende que o seu pai faleceu ten que ocuparse da familia, que parece ter perdido o norte: a súa nai non levanta cabeza, a súa irmá menor cambia de noivo cada noite, e a maior, nai dun neno de tres anos, volveuse namorar dun antigo amor. Por se fose pouco, ten dous traballos: no quiosco de xornais familiar polas mañás e como axente inmobiliario polas tardes. Ademais, o seu mellor amigo non pode decidirse entre dúas rapazas que van tras del.

Pronto coñecen dúas mozas españolas en Roma e decátanse que a vida é demasiado curta para desperdiciala pensando no pasado, así que deciden pasalo ben xunto ás dúas estranxeiras. Cando Nicco se decata de que os seus sentimentos son máis fortes que unha simple atracción física, a súa rapaza desaparece sen deixar rastro. Que debe facer?





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.