Saltar ao contido principal

Para medir la marea, de Alexander Maksik

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109024
Unha novela sobre a memoria, sobre contar historias, sobre como vivimos co que sabemos.

Nunha illa turística nalgún lugar do mar Exeo, Jacqueline, unha moza liberiana, intenta sobrevivir, o que se reduce a non morrer de fame e intentar seguir adiante despois de conseguir escapar ao horror do réxime de Charles Taylor. Constrúe o seu fogar nunha cova que dá ao mar e durante o día, paséase polas praias soleadas ofrecendo masaxes aos turistas --cinco minutos por un euro--, mentres intenta manter un equilibrio entre a súa vontade de vivir e a culpa do supervivente que a atenaza. O seu orgullo, a súa pena e o seu medo impídenlle pedir axuda, e mesmo aceptar aquela que se lle ofrece... Seu mundo desapareceu e o seu corazón é un ermo do que non sabe como saír.

Esta novela hipnótica, lírica e extraordinaria fálanos dunha muller que segue adiante a pesar de que lle sucedesen cousas tan terribles. Unha novela sobre como vivimos co que sabemos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.