Cando Tsukuru Tazaki
era adolescente, sentábase durante horas nas estacións para ver pasar
os trens. Agora, con trinta e seis anos, é un enxeñeiro que deseña e
constrúe estacións de ferrocarril e que leva unha vida tranquila, talvez
demasiado solitaria. Cando coñece a Sara,
unha muller pola que se sente atraído, empeza a formularse cuestións que
cría definitivamente resoltas. Entre outras, un traumático episodio da
súa xuventude: cando ía á universidade, o que foi o seu grupo de amigos
dende a adolescencia cortou bruscamente, sen dar explicacións, toda
relación con el, e a experiencia foi tan dolorosa que Tsukuru
mesmo acariciou a idea do suicidio. Agora, dezaseis anos despois,
quizais logre descubrir que sucedeu exactamente. Ecos do pasado e do
presente, pianistas capaces de predicir a morte e de ver a cor das
persoas, mans de seis dedos, sonos perturbadores, rapazas fráxiles e
mortes que suscitan interrogantes compoñen a paisaxe, pautado polas
notas de Los años de peregrinación de Liszt, polo que Tsukuru viaxará en busca de sentimentos longo tempo ocultos. Decididamente, chegoulle a hora de subir a un tren.
Ven ler á túa biblioteca
Comentarios