Saltar ao contido principal

Yo confieso, de Jaume Cabré

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109021
Se a tenda de antigüidades da familia é todo un universo para o neno Adrià, o despacho do pai é o centro dese universo e o seu tesouro máis prezado un magnífico violín Storioni, en cuxo estoxo aínda se aprecia a sombra dun crime cometido moitos anos atrás. A infancia e a adolescencia de Adrià chea de preguntas sen resposta, de xogos solitarios e de falta de calor, está dedicada ao estudo da historia e das linguas, tal como quere o pai, e á práctica do violín, seguindo os desexos da nai. Pero un accidente rematará coa vida do pai, sumindo a Adrià nun estado de culpabilidade e enchendo o seu mundo de secretos e turbios misterios que tardará moitos anos en despexar. Unha novela ambiciosa, monumental e marabillosa que nos fala do poder, a dor e a penitencia, o mal e a redención, a vinganza, o amor, a culpa e a posibilidade do perdón, e que da man dunha escritura brillante e a través dunha impoñente historia percorre os momentos estelares da historia occidental.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.