Saltar ao contido principal

La vida cuando era nuestra, de Marian Izaguirre

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109023
"Añoro la vida cando era nuestra", comenta Lola mentres trastea na cociña da súa casa. Esa vida, que era tan súa e tan chea de ilusión, antes estaba feita de libros e de charlas de café, de sestas lánguidas e de proxectos para construír un país, España, que aprendía paso a paso as regras da democracia. Pero chegou un día de 1936 en que vivir converteuse en puro resistir, e agora, quince anos despois, de todo aquilo só queda unha pequena tenda, unha libraría de vello medio escondida nun dos vellos barrios de Madrid, onde Lola e Matías, o seu marido, acoden cada mañá para vender noveliñas románticas, clásicos esquecidos e lapis de cores a quen se achegue.

É aquí, nese lugar modesto, onde unha tarde de 1951 Lola coñecerá a Alice, unha muller que encontrou nos libros a súa razón de vivir. Seguindo a mirada de Lola e Alice, véndoas sentadas detrás do pobre mostrador e lendo xuntas o mesmo libro, iremos lonxe, ata Inglaterra, e atrás no tempo, cara a principios do século XX, para coñecer unha nena que creceu preguntándose quen era os seus pais.

La vida cuando era nuestra é unha homenaxe á lectura, pero é sobre todo a historia de dúas mulleres, unha que pouco sabe da vida e outra que quizais sabe demasiado, aínda que non poida falar. Entre estas miradas cómplices anda o talento de Marian Izaguirre.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.