Saltar ao contido principal

Celebracións día do libro

Son varias as actividades que realizamos esta semana en torno ao libro e a lectura para celebrar o Día do Libro.
Onte pola mañá recibimos as visitas das escolas infantís Patucos e A Galiña Azul. Lemos a historia de Elmer e elaboramos uns divertidos elefantes de cores.





Pola tarde escoitamos os "Contos que deixan pegada" de Pavís-Pavós nunha sesión moi divertida e entretida. Esta actividade forma parte do programa "Ler conta moito" da Xunta de Galicia.





Hoxe comezamos o día levando os libros da III edición da campaña "Séntate a ler" ás diferentes parroquias do municipio. Aquí deixámosvos algunhas pistas de onde podedes atopalos.


Ás 12:00 h. recibimos a visita de ASPROMOR. 
Queremos agradecerlles que se achegaran á biblioteca e tamén o agasallo que nos fixeron. Grazas!!!


Mañá poñeremos o colofón ás celebracións coa lectura pública que realizará o alumnado do CEIP sobre a obra de Manuel María ás 11:00 h. na biblioteca.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.