
Carmen Domech preséntanos nesta exposición arredor de cincuenta libros transformados en algo máis que historias escritas. Esta transformación pasa por converter o libro nun obxecto plástico que é por si só evocador da súa historia e doutras, grazas ás imaxes que debuxan.
Esta actividade está cofinanciada polo Concello de Ortigueira e a Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
Ademais haberá as seguintes actividades:
- 5 de marzo: Obradoiro de papel. Dúas sesións: ás 16:30 para nen@s de 7 a 12 anos e ás 18:30 para nen@s de 3 a 6 anos. Prazas limitadas; inscrición na biblioteca.
- 12 de marzo: Contacontos a cargo de Carmen Domech ás 17:30 h. para todas as idades. Entrada libre.
- 26 de marzo: Contacontos a cargo de Carmen Domech ás 17:30 h. para todas as idades. Entrada libre.
Comentarios