Saltar ao contido principal

Centenario Cunqueiro

Este ano celébrase o centenario do nacemento do escritor galego Álvaro Cunqueiro e Ortigueira súmase ás celebracións de diversas formas:


Na revista das festas deste ano podedes atopar un interesante artigo de Ramón Barro titulado "Cunqueiro, una vida tan fabulosa como su obra" . O autor fai especial referencia á estadía de Álvaro Cunqueiro en Ortigueira.


Na Biblioteca municipal tedes á vosa disposición unha mostra bibliográfica sobre a obra de Cunqueiro.


O sábado 6 de agosto ás 21:00 h. o Teatro de Beneficencia acolle un dos Faladoiros organizados polo Consello da Cultura Galega para conmemorar o Ano Cunqueiro. Neste faladoiro, titulado "Guerra e literatura", participarán Carlos González Reigosa, Eloy Fernández Clemente, Dolores Vilavedra, Fernando Bouza Álvarez e Ramón Villares.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.