Saltar ao contido principal

Abril, Mes dos Libros

Aínda que para nós todos os días son Día do Libro, o mes de abril é moi especial posto que se celebran as dúas datas máis importantes relacionadas con el: o día 2 é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o día 23 é o Día Mundial do Libro.
Na biblioteca imos celebralos con diferentes actividades que vos iremos contando.
A primeira delas é a exposición "Nós contamos así", que desde hoxe e ata final de mes podedes visitar na biblioteca. A exposición está formada por diferentes materiais que elaboramos ao longo dos anos para contar historias aos máis pequenos. 
Esperámosvos!!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Amor y otras miseras, de Rosa Sallent Aguilera

Actividades Día do Libro 2018

A semana que vén teremos unha morea de actividades para celebrar o Día do Libro.
Comezamos o luns 23 pola mañá coa IV edición do programa "Séntate a ler". O persoal da biblioteca iremos deixando libros sorpresa de agasallo en diferentes sitios públicos das parroquias que conforman o municipio (excepto en Santa Marta, que como veremos máis adiante ten outra data para iso).  Con motivo desta actividade ese día a biblioteca abrirá ás 12:00 h. O mesmo luns, ao longo de toda a tarde, nas instalacións da biblioteca teremos a disposición de todos aqueles que vos animedes sesións de Photocall e BookFace.
A seguinte cita será o xoves 26 ás 11:30 h. no Antigo Mercado (fronte á Casa Consistorial) onde a través da campaña "Libros para sermos libres" da Deputación da Coruña, poremos á vosa disposición 200 libros de agasallo. (A biblioteca estará pechada en horario de mañá). Para finalizar esta semana de celebracións, o venres 27 ás 20:00 h, na biblioteca acolleremos a c…

Horario de verán