Saltar ao contido principal

Celebración Día da Ilustración

Onte celebramos o Día da Ilustración cun obradoiro de ilustración de contos impartido por Esteban Acuña de Tarabelos: títeres e contacontos.
Esteban narrou e debuxou nun enorme panel a historia "A viaxe de Nela". A continuación entregoulles a cada neno o seu libriño para que ilustrasen a mesma historia.
Nas fotos podedes ver o creativa e divertida que resultou a actividade.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Amor y otras miseras, de Rosa Sallent Aguilera

Actividades Día do Libro 2018

A semana que vén teremos unha morea de actividades para celebrar o Día do Libro.
Comezamos o luns 23 pola mañá coa IV edición do programa "Séntate a ler". O persoal da biblioteca iremos deixando libros sorpresa de agasallo en diferentes sitios públicos das parroquias que conforman o municipio (excepto en Santa Marta, que como veremos máis adiante ten outra data para iso).  Con motivo desta actividade ese día a biblioteca abrirá ás 12:00 h. O mesmo luns, ao longo de toda a tarde, nas instalacións da biblioteca teremos a disposición de todos aqueles que vos animedes sesións de Photocall e BookFace.
A seguinte cita será o xoves 26 ás 11:30 h. no Antigo Mercado (fronte á Casa Consistorial) onde a través da campaña "Libros para sermos libres" da Deputación da Coruña, poremos á vosa disposición 200 libros de agasallo. (A biblioteca estará pechada en horario de mañá). Para finalizar esta semana de celebracións, o venres 27 ás 20:00 h, na biblioteca acolleremos a c…

Libros máis prestados 2017

O ranking dos libros máis prestados pola nosa biblioteca no 2017 para o público adulto é o seguinte:

Patria, de Fernando Aramburu.
Todo esto te daré, de Dolores Redondo.
Media vida, de Care Santos.
Como fuego en el hielo, de Luz Gabás.
El asesinato de Sócrates, de Marcos Chicot.
Una vida mejor, de Anna Gavalda.
Tierra sin hombres, de Inma Chacón.
Tienes hasta las 10:00, de Francisco Castro.
Ofrenda a la tormenta, de Dolores Redondo.
El guardián invisible, de Dolores Redondo.