Saltar ao contido principal

Legado en los huesos, de Dolores Redondo

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109369
Tras o éxito de El guardián invisible, Dolores Redondo publica a segunda parte da Triloxía do Baztán

O xuízo contra o padrasto da moza Johana Márquez está a punto de comezar. A el asiste unha embarazada Amaia Salazar, a inspectora da Policía Foral que un ano atrás resolvera os crimes do chamado basajaun, que sementou de terror o val do Baztán. Amaia tamén reunira as probas inculpatorias contra Jasón Medina, que imitando o modus operandi do basajaun asasinara, violado e mutilado a Johana, a adolescente filla da súa muller. De pronto, o xuíz anuncia que o xuízo debe cancelarse: o acusado acaba de suicidarse nos baños do xulgado. Ante a expectación e o enfado que a noticia provoca entre os asistentes, Amaia é reclamada pola policía: o acusado deixou unha nota suicida dirixida á inspectora, unha nota que contén unha concisa e inquietante mensaxe: «Tarttalo». Esa soa palabra que remite ao personaxe fabuloso do imaxinario popular vasco destapará unha trama terrorífica que envolve á inspectora ata un trepidante final.


Comentarios

Marta dixo…
Está moi ben, ainda que recomendo ler primeiro: El Guardian invisible, que é o primeiro libro da triloxía. A trama do segundo libro arraca con parte de trama do primeiro.

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.