Saltar ao contido principal

El mundo sobre ruedas, de Albert Casals

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109383
Albert Casals é un rapaz de 18 anos normal e corrente: encántalle quedar cos seus amigos, ir de marcha e, sobre todo, viaxar. Viaxar é a súa gran paixón. O que acontece é que o fai dun xeito diferente ao resto de rapaces. Albert vive nunha cadeira de rodas dende os 8 anos, cando unha leucemia que o tivo ao bordo da morte o deixou prostrado á cadeira de por vida. Lonxe de desanimarse decidiu ver mundo e vivir como calquera outra persoa. Xa visitou media Europa e gran parte de Asia, e fíxoo con apenas 3 euros diarios no peto e recorrendo á imaxinación para poder sobrevivir: durmindo nas praias, nos parques, nas estacións de tren, nas igrexas... Agora cóntanos como se vive o mundo cunha cadeira de rodas e unha mochila como únicos compañeiros de viaxe.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.