Saltar ao contido principal

Las tres bodas de manolita, de Almudena Grandes

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=110916
Nun Madrid devastado, recén saído da guerra civil, sobrevivir é un duro oficio cotián. Especialmente para Manolita, unha moza de dezaoito anos que, co seu pai e a súa madrasta encarcerados, e o seu irmán Antonio escondido nun tablao flamenco, ten que facerse cargo da súa irmá Isabel e doutros tres máis pequenos. A Antonio ocorreráselle un xeito desesperado de prolongar a resistencia nos anos máis terribles da represión: utilizar unhas multicopistas que ninguén sabe poñer en marcha para a propaganda clandestina. E quererá que sexa a súa irmá Manolita, a señorita Conmigo No Contéis, quen visite un preso que pode darlles a clave do seu funcionamento. Manolita non sabe que ese rapaz tímido e sen aparente atractivo vai ser en realidade un home determinante na súa vida, e quererá visitalo de novo, despois de varios periplos, no destacamento penitenciario del valle de los caídos. Pero antes ten que saber quen é o delator que rolda polo barrio.
Las tres bodas de Manolita é unha emotiva historia coral sobre os anos de pobreza e desolación na inmediata posguerra, e un tapiz inesquecible de vidas e destinos, de personaxes reais e imaxinados. Unha novela memorable sobre a rede de solidariedade que tecen moitas persoas, dende os artistas dun tablao flamenco ata as mulleres que fan cola no cárcere para visitar os presos, ou os antigos amigos de colexio do seu irmán, para protexer unha moza con coraxe.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.