Saltar ao contido principal

Milena o el fémur más bello del mundo, de Jorge Zepeda Patterson

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=114299
A beleza de Milena tamén foi a súa perdición. Convertida en escrava sexual dende a adolescencia, intenta fuxir cando morre o seu protector, un magnate da comunicación que sofre un fallo cardíaco mentres fai o amor con ela. Na súa angustiosa fuga, crúzase cos Azuis, un trío de xusticeiros formado polo xornalista Tomás Arizmendi, a política Amelia Navarro e o especialista en alta seguridade, Jaime Lemus. Eles desexan liberala, pero Milena garda con receo un espiñento misterio que atesoura na súa libreta negra e que supón a súa salvación e, sobre todo, a súa vinganza.

Unha vigorosa novela de acción e amor que denuncia os abusos de poder e a corrupción, pero que sobre todo, nos mostra a alma aberta dunha muller vexada, como tantas outras, nun mundo cada vez máis globalizado.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.