Saltar ao contido principal

La música del silencio, de Patrick Rothfuss

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=114264
Unha historia protagonizada por Auri, un dos personaxes máis queridos e enigmáticos de El nombre del viento e El temor de un hombre sabio.

A Universidade, o bastión do coñecemento, atrae ás mentes máis brillantes, que acoden para aprender os misterios de ciencias como a artificería e a alquimia. Non obstante, baixo eses edificios e as súas concorridas aulas existe un mundo en penumbra, cuxa existencia só uns poucos coñecen.

Nese labirinto de túneles antigos, de salas e cuartos abandonados, de escaleiras serpeantes e corredores semiderruídos vive Auri. Tiempo atrás foi alumna da Universidade. Agora coida da Subrealidade, para ela un lugar acolledor, marabilloso, no que podería pasarse a eternidade mirando. Aprendeu que hai outros misterios que non convén remover; é mellor deixalos en paz e a salvo. Xa non se deixa enganar pola lóxica na que tanto confían no alto: ela sabe recoñecer os sutís perigos e os nomes esquecidos que se ocultan baixo a superficie das cousas.

A música do silencio é unha historia lírica e evocadora que ofrece aos lectores de El nombre del viento e El temor de un hombre sabio a oportunidade de ver ese mundo a través dos ollos de Auri, un dos seus personaxes favoritos, e de descubrir cousas que ata agora só ela sabía.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.