Dende hoxe, e ata o 22 de abril, podedes visitar na Biblioteca municipal a exposición "Pioneiros da arqueoloxía: Federico Maciñeira y Pardo de Lama, 1870-1943". A mostra, cedida polo Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, inclúese dentro do programa de actividades co que "Ortigueira literaria dixital" conmemora durante este ano o setenta aniversario do falecemento do célebre arqueólogo.
O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022. O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración. En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14. Retomamos a campaña "Un bebé, un libro". Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook: https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira
Comentarios