Saltar ao contido principal

A pena das calandras, de Obdulia Dopico Cachán

Xa temos na Biblioteca a nova novela da nosa amiga Obdulia Dopico Cachán, coa que o pasado verán quedou finalista no XIV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.

A "Pena das Calandras" é un relato que quere ser un aceno á xente do Val do Landro, onde se desenvolve toda a historia, mesturando personaxes reais da trama con outros de ficción.

Tres asasinatos vanse aclarando por obra e graza das súas personaxes femininas: unha mulata portentosa chegada de Cuba fai anos, a súa ama de cría, Madamoiselle e a criada negra, que tamén bota as cartas; Loliña do Laranxo, Lupa Expósito e a mestra da escola, dona Maruxa, son a representación local; a todas elas únese unha garda civil moi intelixente enviada para aclarar os sucesos.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.