Saltar ao contido principal

Actividades Mes do Libro

Como xa sabedes tod@s este mes celebramos dúas datas moi importantes arredor do libro. Hoxe é o Día Internacional do Libro Infantil e o 23 é o Día Mundial do Libro. Para conmemorar ambas datas levaremos a cabo diversas actividades.

Contacontos (para nen@s de 3 a 12 anos):

- Día 3 ás 17:30 h.: sesión de contacontos a cargo de Fátima Fernández.

- Día 25 ás 17:30 h.: sesión de contacontos a cargo de Tarabelos.


Sorteos (para todas as idades):

O día 23 ás 17:00 h. sortearemos dous lotes de libros, un para o público infantil e outro para o público xuvenil e adulto. Dende hoxe e ata o momento do sorteo, a cada usuari@ que leve en préstamo un libro entregarémoslle unha papeleta para participar no mesmo.

Concursos (para o alumnado do CEIP "José María Lage" e do IES de Ortigueira):

Hai convocados dous concursos, un de debuxo en formato marcapáxinas para os alumn@s do CEIP e outro de relatos cortos para os alumn@s do IES. Ambos forman parte das actividades convocadas para conmemorar o Ano de Antonio Rivera Losada. A entrega de premios levarase a cabo o día 25.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.