Saltar ao contido principal

Tu rostro con la marea, de Fernando García de Cortázar

Gañadora do Premio de Novela Histórica Alfonso X o Sabio 2013

Pode unha vida, cos seus sonos, as súas feridas, nostalxias e remordementos, ser investigada coma se dun crime se tratase, utilizando a xeito de pistas as voces dos que aínda recordan? Esta é a pregunta á que debe dar resposta Fernando Urtiaga, un novo historiador, cando en 1977 recibe en herdanza o encargo de contar a historia do enigmático Anxo Bigas a través da memoria daquelas persoas que o coñeceron.

A indagación enfrontará a Urtiaga coas distintas caras de Bigas -novelista, diplomático, conspirador internacional, espía, revolucionario, traficante de armas- e arrastrarao a unha busca de consecuencias insospeitadas. Do Bilbao de principios do século XX ao Madrid dos faladoiros literarios e as conxuras republicanas, da Varsovia de entreguerras á Roma fascista de Mussolini, do San Petersburgo dos últimos tsares aos cabarés e clubs de jazz da Constantinopla ocupada polos aliados. Algúns recordos viaxarán -e con eles tamén Urtiaga e irremisiblemente o lector- á cosmopolita e crepuscular Bucarest da Primeira Guerra Mundial para desvelar unha intensa historia de amor; unha historia onde escintila o último rostro de Bigas, aquel co que a todos nos recibe a morte.

Na súa primeira novela, Fernando García de Cortázar recrea, peza a peza, un gran mosaico de España e de Europa: a decadencia dun continente golpeado por guerras e revolucións, a morriña dun esplendor perdido, a forza dun amor que o puido todo mesmo en anos de chamas. Un relato descomunal que conmoverá o lector e o transportará a unha época apaixonante que cambiou o mundo para sempre.


 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.